A EGAP reflexiona sobre as responsabilidades das autoridades e empregados públicos e as medidas para favorecer a confianza na rendición de contas

Posted on

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta mañá a conferencia Responsabilidades de autoridades e empregados públicos, a cargo do catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero Ortega. Esta actividade formativa encádrase no ciclo de conferencias Presente e futuro do emprego público na Administración posCOVID, organizado pola Escola.

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, presentou a conferencia e incidiu na importancia da formación, xa que esta posibilita que o persoal empregado público conte coa capacitación necesaria para aplicar as diferentes normativas con rigorosidade.

Durante a súa intervención, o catedrático Ricardo Rivero Ortega analizou os catro tipos de responsabilidade persoal de carácter subxectivo das autoridades e empregados públicos: administrativa, contable, disciplinaria e penal, e como probar a concurrencia ou non do dolo ou neglixencia grave. Tamén profundou nas sentenzas máis recentes do Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional, con especial énfase nas que interpretan condutas de tipo penal como a prevaricación ou a malversación dos cargos públicos.

O profesor apuntou que todas as responsabilidades personais dos servidores públicos deberían refomularse en clave de prevención da arbitrariedade e coordinarse para lograr o obxectivo da prevención das condutas. “En España, non hai cultura da responsabilidade política nin autocontrol por parte dos partidos políticos. Ser autoridade hoxe en día na Administración é un deporte de risco cun gran grao de insconsciencia”, apuntou.

Ante o panorama de inseguridade xurídica, regulación dispersa e descoordenada de responsabilidades múltiples e falta de efectividade das medidas de control de autoridades e funcionarios, o catedrático palentino propuxo establecer un código básico de responsabilidades personais, aplicar medidas preventivas claras (formación, recrutamento serio dos empregados públicos, etc.) e, especialmente, aproveitar a rastrexabilidade do expediente electrónico para identificar responsabilidades e responsables e comprender o alcance das condutas.

“Contra a manipulación política dos procesos e tamén fronte a impunidade, unha correcta aplicación das regras probatorias favorecería a seguridade xurídica e a confianza na rendición de contas”, sinalou Ricardo Rivero.

O profesor da Universidade de Salamanca explicou ademais as técnicas de prevención dos erros que poden dar lugar a responsabilidades e os mecanismos procedimentais de proba da legalidade ou ilegalidade das decisións. “Estes coñecementos son necesarios para evitar situacións de parálise institucional, traslado de responsabilidades ou medo á firma, así como para promover a boa administración en todos os niveis de goberno”.

Obxectivo

O obxectivo desta conferencia foi analizar as distintas clases de responsabilidades nas que poden incorrer as autoridades e empregados públicos, ademais de dotalos dos coñecementos e capacidades para previr infraccións.

Fuente: EGAP

Safe Creative

Tags: ,


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.