A EGAP organiza unha nova xornada de formación práctica dixital centrada no rexistro electrónico na Xunta de Galicia

Posted on

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organizará o próximo 25 de novembro unha nova xornada de formación práctica dixital (E-martes) centrada no Rexistro Electrónico na Xunta de Galicia, e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova.

                  A xornada presencial está dirixida ao persoal empregado público e á cidadanía e terá unha duración de 7 horas lectivas en horario de mañá. En total, haberá 50 prazas dispoñibles.

                  O prazo de matrícula estará aberto ata o 19 de novembro ás 23:59 horas na páxina web https://egap.xunta.gal/matricula.

O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuir, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e á identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.

Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionarlles formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Fuente: EGAP

Safe Creative

Tags: , , , ,


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.