A xurista Susana de la Sierra destaca a importancia do uso da intelixencia artifical na administración pública mantendo sempre a decisión nas persoas

Posted on

A xurista e cateedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Castela-A Mancha, Susana de la Sierra destacou a importancia do uso da intelixencia artificial na Administración pública mantendo sempre a decisión nas persoas. Fíxoo no marco  da conferencia A intelixencia artificial e control das Administracións Públicas que tivo lugar hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Esta actividade formativa, na que participaron máis dun cento de empregados públicos, encádrase no ciclo de conferencias Cuestións de actualidade no ámbito da Administración pública, da súa organización e do seu funcionamento organizado pola Escola.  

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, presentou a conferencia e incidiu na importancia da formación dirixida ao persoal empregado público en materia de intelixencia artificial xa que esta tecnoloxía permitirá mellorar o modelo de relación das Administracións públicas coa cidadanía, a través do uso de datos que optimizarán os servizos prestados e a fiabilidade na toma de decisións.

Pola súa banda, a catedrática Susana de la Sierra expuxo os diferentes usos e utilidades da intelixencia artificial no sector público nos campos da actividade informativa, transcrición de textos, infraccións e inspección (Tráfico, Axencia Tributaria e Seguridade Social), asignación de recursos ou subvencións, sanidade e procesos selectivos, entre outros.

Na súa intervención salientou que a maior porcentaxe do uso da IA aplícase no proceso de toma de decisións e na elaboración de políticas públicas axeitadas.

“A intelixencia artificial é un instrumento moi útil na Administración pública, cos seus riscos, pero a decisión ten que estar sempre nas persoas. O ser humano sempre ten que levar as rendas e, ademais, ser logo responsable da decisión adoptada,” subliñou.

Fuente. EGAP

Safe Creative

Tags: , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.