A EGAP analiza o relevo xeracional da función pública marcado pola futura revolución tecnolóxica

Posted on

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organizará o próximo xoves 24 de novembro un webinario no que se analizará o relevo xeracional da función pública nas Administracións nun contexto marcado pola futura revolución tecnolóxica.

O webinario leva por título “O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI”, e será impartido polo consultor especialista en Administracións Públicas e doutor de Dereito pola Universidade do País Vasco, Rafael Jiménez Asensio.

O seminario virtual, enmarcado no ciclo de conferencias Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, profundará ademais sobre a necesidade de adaptar os actuais postos de traballo dos empregados públicos e crear novos perfís profesionais que se asenten sobre os procesos de dixitalización, automatización e intelixencia artificial, que se aplicarán á prestación de servizos e actividades administrativas.

Fuente: EGAP

Safe Creative

Tags: , , ,


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.